
I CAMPUS DE NADAL
14/10/2024💫 Comezar na ximnasia rítmica: unha viaxe chea de diversión, valores e movemento
No Club Rítmica Atalaia cremos que a ximnasia rítmica é moito máis ca un deporte: é unha forma de expresarse, de medrar e de aprender. Unha disciplina que combina flexibilidade, coordinación, ritmo, forza, e unha boa dose de arte e emoción.
Se estás pensando en iniciar ó teu fillo/a nesta marabillosa actividade, contámosche por qué este camiño pode ser tan enriquecedor para o seu desenvolvemento físico, emocional e persoal.
⭐ A que idade se pode comezar?
No noso club, moitos nenos/as comezan desde os 3 ou 4 anos, con actividades de psicomotricidade adaptadas á súa etapa. A partir dos 5 ou 6 anos, xa están preparados para iniciarse na ximnasia rítmica dun xeito máis estruturado, aprendendo os fundamentos técnicos deste deporte dunha maneira divertida, segura e motivadora.
🤸¿Qué traballamos nas clases?
Nas clases de iniciación do Club Rítmica Atalaia traballamos:
- Coordinación, equilibrio e conciencia corporal
- Flexibilidade, forza e resistencia física
- Conexión coa música e expresión artística
- Introdución progresiva aos aparellos: corda, aro, pelota, mazas e cinta
E o máis importante: facémolo sempre con agarimo, respecto e paixón pola rítmica.
💜 Os valores que nos definen
O noso obxectivo non é só formar ximnastas, senón axudar a formar persoas. A través da práctica diaria, os nenos/as aprenden a:
- Ser disciplinados e constantes
- Confiar en si mesmos e superarse cada día
- Traballar en equipo e apoiarse entre eles
- Ter respecto, humildade e responsabilidade
Valores que os acompañarán dentro e fóra do tapiz.
🤝 A importancia do equipo
No Club Rítmica Atalaia fomentamos o compañeirismo, a unión entre ximnastas e o apoio mutuo. Porque xuntos, medramos máis e mellor.
✨ ¿Anímaste a probar?
Estaremos encantadas de recibirte, acompañarte e guiarte neste camiño cheo de maxia, movemento e aprendizaxe.
Podes poñerte en contacto connosco ou achegarte a coñecernos. ¡Estarémoste agardando cos brazos abertos!